Inicio Galicia Medio Rural pecha administrativamente unha nova parcelaria no Concello ourensán de Allariz

Medio Rural pecha administrativamente unha nova parcelaria no Concello ourensán de Allariz

0

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, vén de asinar a firmeza do acordo da concentración de San Vitorio-Urrós

A Consellería do Medio Rural vén de pechar administrativamente outra concentración parcelaria no concello ourensán de Allariz, na zona de San Vitorio-Urrós. O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, asinou a firmeza do acordo desta reorganización territorial. Isto implica que os novos predios, dos que xa viñan facendo uso os titulares, son definitivos de cara á entrega de títulos, que será o seguinte e último paso.

Esta reorganización do territorio iniciouse con 5.030 parcelas de 767 propietarios. Agora o número de predios reduciuse a 1.371, co que a superficie media de cada un pasou de 884 a 3.110 metros cadrados. Este aumento na súa dimensión permite facer as leiras máis operativas e competitivas para poñelas a producir.

En total, este proceso afectou unha superficie de 445 hectáreas. A maior parte das obras realizadas nesta reestruturación tiveron que ver coa construción da nova rede de camiños e co acondicionamento de parcelas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre