Inicio Galicia Medio Rural investiu no último ano case 90.000 euros no concello de...

Medio Rural investiu no último ano case 90.000 euros no concello de Cuntis para mellorar as infraestruturas rurais

0

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra supervisaron varias obras neste municipio pontevedrés


O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisaron hoxe varias obras de melloras de infraestruturas rurais no concello de Cuntis.

As obras que hoxe visitaron consistiron no acondicionamento do viario que dá acceso ao lugar de Portela, por un importe total de 34.285 euros. Ademais desta mellora, a Consellería do Medio Rural investiu outros 54.752 euros que permitiron arranxar os viarios de Fuchacos, Mesego e Touceda. En total, a Consellería investiu case 90.000 euros no último ano en reparar as vías do rural cuntinense.

Desta forma, Miguel Pérez Dubois salientou o compromiso da Consellería na dinamización do agro. Así, destacou a importancia da mellora das infraestruturas rurais, que xeran cohesión social e territorial ao mellorar as condicións de vida e traballo no agro. Ademais de facilitar a accesibilidade e vertebración do territorio, insistiu Pérez Dubois, refórzase o tecido social que contribúe a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais e a fixar poboación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre