Inicio Galicia Medio Rural informa aos veciños de Godos (Caldas de Reis) dos avances...

Medio Rural informa aos veciños de Godos (Caldas de Reis) dos avances nesta parcelaria, na que se vén de autorizar a toma de posesión provisional dos novos predios

0
image_gallery.jpg

Técnicos da Consellería reuníronse hoxe cos membros da Xunta Local desta reestruturación para explicarlles estes avances no proceso e atender as dúas dúbidas e suxestións


Técnicos da Consellería do Medio Rural reuníronse hoxe cos membros da Xunta Local da parcelaria de Godos (Caldas de Reis) para explicarlles os avances neste proceso e atender as súas dúbidas e suxestións. Así, déuselles conta de que o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, vén de autorizar a toma de posesión provisional dos novos terreos, un trámite que permitirá aos veciños acceder aos predios de reemprazo o vindeiro 15 de novembro.

A reestruturación parcelaria de Godos beneficia a 599 propietarios, que contaban ao inicio do proceso con 3.548 parcelas, nunha superficie total de 388 hectáreas. A día de hoxe hai 1.159 predios de reemprazo, cun redimensionamento que lles permitirá aos titulares facer os seus terreos máis operativos e competitivos.

A Xunta, a través da Consellería do Medio Rural, leva investidos un total de 2,8 millóns de euros neste proceso, contemplando tanto os traballos nas redes de camiños principais e secundarios (de case 30 quilómetros de extensión) como o acondicionamento de predios, xunto coas asistencias técnicas necesarias para levar adiante a reorganización.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre