Inicio Galicia Medio Rural impulsa co Concello de Quiroga a mobilización de terras para...

Medio Rural impulsa co Concello de Quiroga a mobilización de terras para o cultivo de oliveiras e a produción de aceite

0


O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse este mediodía co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, para atender as súas demandas e suxestións en relación co agro deste municipio lucense. Ambos abordaron, entre outras cuestións, a posta en valor da produción de aceite neste concello e a mobilización de terras para a plantación de oliveiras.

Así mesmo, o titular de Medio Rural e o alcalde avaliaron o convenio asinado recentemente entre a consellería e o Concello para o acondicionamento e humanización dos espazos públicos rurais de Pacios de Monelo e A Ribeira, que suporá un investimento de case 35.500 euros por parte da Xunta. Este documento enmárcase na liña de proxectos senlleiros impulsados a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Leer más:  Un policía vinculado con el arresto del jefe del grupo de estupefacientes de Murcia ha sido detenido en Vigo

- Te recomendamos -