Inicio Galicia Medio Rural financia a adquisición dun tractor para a prevención de incendios...

Medio Rural financia a adquisición dun tractor para a prevención de incendios para o distrito forestal XVI do Deza

0

O delegado da Xunta en Pontevedra entregou hoxe este vehículo ao responsables do distrito co obxectivo de levar a cabo labores de roza de matogueira


O distrito forestal XVI do Deza dispón dende hoxe dun novo tractor para a prevención de incendios forestais, en virtude dun convenio financiado pola Consellería do Medio Rural, cun importe máximo de 85.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega hoxe, no parque de maquinaria da Consellería de Medio Rural en Pontevedra, aos responsables do distrito forestal XVI, dun tractor que terá como obxectivo labores de roza, contando con dous apeiros de roza (un de arrastre e outro de brazo).

A Consellería continuará con esta iniciativa e proseguirá achegando financiamento, por un importe total de 3,2 millóns de euros só este ano, para a adquisición de novos tractores, ata chegar a entrega de 35 neste exercicio para concellos de toda Galicia. O distrito forestal XVI está composto polos concellos de Dozón, Lalín e Rodeiro, así como Agolada, Silleda e Vila de Cruces, Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Forcarei, abarcando unha superficie total de 96.771 hectáreas, divididas en 16.060 hectáreas de montes veciñais en man común e 80.710 de superficie particular.

O pasado día 1 de marzo, incorporáronse as brigadas de prevención para reforzar as labores de prevención e limpeza do monte na provincia de Pontevedra con 217 bombeiros forestais, correspondendo 41 deles ao distrito XVI. As accións se completan con 3 tractores de roza, contando co entregado hoxe.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre