Inicio Galicia Medio Rural e o Concello do Rosal colaboran na mellora das...

Medio Rural e o Concello do Rosal colaboran na mellora das infraestruturas agrarias

0


O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse esta semana coa alcaldesa do concello do Rosal, María del Carmen Alonso, para coñecer de primeira man as demandas e necesidades dos habitantes deste municipio pontevedrés.

Así, o conselleiro avaliará a posibilidade de reparar algún dos camiños principais das dúas zonas de concentración parcelaria que hai no municipio, Santa Marino do Rosal e Tabagóns-As Eiras, co fin de mellorar a circulación e, polo tanto, a calidade de vida dos veciños. Así mesmo, ambos dirixentes tamén analizaron a posibilidade de repoboar con especies autóctonas o conxunto histórico e etnográfico dos Muíños do Folón, solicitude que o conselleiro se comprometeu a estudar co director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre