Inicio Galicia Medio Rural e o Concello de Sober colaboran na mellora da prevención...

Medio Rural e o Concello de Sober colaboran na mellora da prevención de incendios forestais

0


O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu esta semana ao alcalde do concello de Sober, Luís Fernández, para coñecer as necesidades deste municipio lugués relacionadas co agro.

O alcalde solicitoulle ao conselleiro a posibilidade de contar cun tractor rozadora, co fin de mellorar así o mantemento e limpeza da maleza nas infraestruturas rurais, en determinadas leiras e nas propias redes secundarias de faixas de xestión da biomasa. Ademais, José González puxo tamén en valor o proxecto que se acaba de rematar en Sober para recuperar terras abandonadas e dedicalas ao cultivo de pastos e cereais. Trátase dunhas 25 hectáreas de antigas terras de labor propiedade de particulares que foron integradas ao Banco de Terras de Galicia para o seu arrendamento por dous produtores individuais da zona.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre