Inicio Galicia Medio Rural e o Concello de Lobios avanzan na prevención de incendios...

Medio Rural e o Concello de Lobios avanzan na prevención de incendios forestais e na mobilización de terras agrarias

0

O conselleiro e a alcaldesa, xunto cos representantes das asociacións veciñais da zona, analizaron a posibilidade de poñer en marcha unha aldea modelo neste municipio ourensán


O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, para avanzar na prevención de incendios forestais neste concello ourensán. No encontro tamén estivo o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, membros do goberno local e representantes das asociacións veciñais da zona.

Así, na xuntanza avanzaron na iniciativa pioneira en Galicia e levada a cabo por este concello, que pretende implicar aos propios veciños na defensa e prevención fronte os incendios forestais. Trátase de fomentar o seu papel activo mediante a súa colaboración en eidos como a vixilancia, mediante a realización de cursos de formación específicos relativos á vixilancia.

Ademais, e seguindo coa loita contra os incendios, ambos mandatarios analizaron a posibilidade de levar a cabo proxectos de mobilización de terras no municipio, coa posta en marcha dunha figura de aldea modelo. O obxectivo destas iniciativas, segundo explicou o conselleiro aos presentes, é acadar unha posta en valor da actividade económica e social deses núcleos, para permitir a súa recuperación demográfica e a mellora da calidade de vida da súa poboación, ao tempo que se busca unha anticipación ao problema dos lumes creando unha devasa natural fronte a eles.

Neste senso, o titular de Medio Rural lembrou que a día de hoxe xa hai máis de 60 solicitudes de aldeas modelo, das cales se atopan en trámite máis de 20, que suporán actuar en máis de 1.000 hectáreas, repartidas en case 18.000 parcelas duns 3.500 propietarios.

Por último, durante a xuntanza tamén abordaron a posibilidade de executar un proxecto de apertura dunha nova pista forestal a partir do lugar de San Paio, xunto co seu acondicionamento. A finalidade desta iniciativa é permitir o acceso de vehículos contra incendios e realizar todas as obras necesarias para o evacuado das augas pluviais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre