Inicio Galicia Medio Rural e o Concello de Castro de Rei colaborarán na mellora...

Medio Rural e o Concello de Castro de Rei colaborarán na mellora do mercado de gando de Ribeiras de Lea

0


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, para analizar as cuestións relacionadas co medio rural neste concello lugués.

O rexedor trasladoulle á conselleira a situación actual do mercado nacional de gando, ubicado en Catro Ribeiras de Lea, e a necesidade de substituír a súa cuberta. A titular de Medio Rural tomou nota da solicitude e adiantoulle que a obra podería ter cabida a través dun proxecto senlleiro, que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, para a convocatoria do ano que vén.

Noutra orde de cousas, analizaron a situación actual das reestruturacións parcelarias, en concreto a de Triabá. Así, Ángeles Vázquez adiantoulle ao alcalde que en vindeiras semanas se trasladarán técnicos do seu departamento á zona para informar aos veciños dos avances e pasos a seguir na reorganización deste territorio, que afecta a 1.163 hectáreas propiedade de 555 veciños.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

- Te recomendamos -