Inicio Galicia Medio Rural e o Concello de Bóveda estudan novas fórmulas para ampliar...

Medio Rural e o Concello de Bóveda estudan novas fórmulas para ampliar a base territorial das explotacións da zona

0

A conselleira reuniuse co alcalde para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños do rural


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, para coñecer de primeira man as demandas e necesidades dos veciños do rural deste concello lugués. Entre elas, a petición dos gandeiros para incrementar a súa base territorial.

Neste senso, ambos mandatarios analizaron a situación actual do proxecto que está a desenvolver a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente desta consellería, para mobilizar terras no entorno do Val de Lemos. Dito estudo, que comezou no 2016 en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundación Juana de Vega, pretende dar saída a unhas 160 hectáreas que actualmente están en estado de abandono pero que, pola boa calidade da terra, se poderían poñer en valor para os gandeiros e agricultores da zona. Esta superficie está localizada nos concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pobra do Brollón, Sober e Pantón. A conselleira salientou que o proxecto está bastante avanzado, pois está na fase de contactar cos donos dos terreos abandonados -xa localizados e identificados- para que coñezan os beneficios deste programa, que permitirá frear o deterioro das terras, garantindo os dereitos dos propietarios e mantendo ou incluso incrementando o seu valor. Precisamente esta semana tivo lugar a primeira xuntanza informativa con todas as persoas interesadas, onde se lles explicou polo miúdo os detalles de como se vai articular o proxecto, o seu enfoque, amparo xurídico, etc.

Prevención de incendiosNoutra orde de cousas, Arias aproveitou o encontro para solicitar á Consellería do Medio Rural un tractor para levar cabo as limpezas e rozas municipais. Ángeles Vázquez sinalou ao respecto que se estudiará, como todas as peticións, a dispoñibilidade de maquinaria. O obxectivo é chegar este ano aos 70 concellos galegos aos que se lles facilitou esta maquinaria, vén a través de achegas económicas para a súa compra ou autorizando o seu uso. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre