Inicio Galicia Medio Rural e o Concello de Avión estudan a posibilidade de crear...

Medio Rural e o Concello de Avión estudan a posibilidade de crear unha aldea modelo neste municipio ourensán

0

O conselleiro, José González, recibiu ao alcalde, Antonio Montero, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos seus veciños en relación co agro


O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse esta mañá co alcalde de Avión, Antonio Montero, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste concello ourensán relacionadas co agro. Así, entre os temas tratados, destacou a posibilidade de crear unha aldea modelo neste municipio e así poñer de exemplo de prevención e de desenvolvemento económico a un núcleo deste concello. Concretamente, falouse do núcleo de Cortegazas como posible candidato a este proxecto de recuperación de terras.

Durante a reunión, tanto o conselleiro como o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, que tamén estivo presente no encontro, explicaron en que consiste esta iniciativa que ten como principal obxectivo defender as persoas e os bens dos incendios forestais mediante diversas actuacións enfocadas á posta en marcha de actividade agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas. Neste caso apostaríase por orientar eses terreos a diversas producións agrícolas relacionadas coa comarca ourensá do ribeiro, á que pertence este concello.

Neste senso, o alcalde mostrouse moi interesado e comprometeuse a analizar a situación actual do núcleo de Cortegazas para comprobar que se axusta ás características deste tipo de proxectos de recuperación. Pola súa banda, o titular de Medio Rural agradeceu a súa disposición para traballar todos xuntos na protección do rural e incidiu en que, a través desta figura, ademais de executar a limpeza das chamadas franxas secundarias é determinante poñelas a producir para que actúen como devasa natural fronte aos lumes forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre