Inicio Galicia Medio Rural e o Concello de Agolada analizan a posibilidade de levar...

Medio Rural e o Concello de Agolada analizan a posibilidade de levar a cabo novos proxectos de mobilización de terras

0

O director xeral de Desenvolvemento Rural mantivo hoxe un encontro co rexedor para analizar a situación actual das infraestruturas rurais neste municipio pontevedrés

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, reuniuse esta mañá co alcalde do concello de Agolada, Luis Calvo, para analizar a situación actual das infraestruturas rurais deste municipio. Neste senso, ambos dirixentes analizaron a posibilidade de emprender novos proxectos de mobilización de terras co fin de dotar ás explotacións agrogandeiras da zona de terreos para traballar.

Así, o director xeral trasladoulle que coa futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, que se presentará no Parlamento este ano, haberá novos instrumentos para mobilizar terreos que serán moito máis áxiles e rápidos.

Así, Pérez Dubois salientou que entre os obxectivos da nova lei están os de promover a recuperación produtiva das terras, loitar contra o seu abandono e facilitar a ordenación dos predios, mediante a súa identificación cartográfica e o control dos seus usos.

O director xeral explicou tamén que esa mobilización permitirá tamén mellorar a base territorial das explotacións e o mantemento da poboación vencellada á actividade agroforestal. Para iso, o director xeral solicitoulle ao rexedor coñecer a verdadeira demanda das explotacións existentes nese municipio para despois poñer en marcha posibles proxectos que faciliten a posta en produción dos terreos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre