Inicio Galicia Medio Rural e Lousame valoran iniciar unha nova reestruturación parcelaria no concello,...

Medio Rural e Lousame valoran iniciar unha nova reestruturación parcelaria no concello, a primeira de carácter forestal

0

Ángeles Vázquez recibiu en San Caetano á alcaldesa, que remitirá as sinaturas dos veciños solicitando a concentración no monte


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu en San Caetano á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, para tratar diferentes asuntos relacionados co rural. En concreto, a rexedora interesouse sobre a posibilidade de iniciar unha nova reestruturación parcelaria no municipio que sería a primeira de carácter forestal.

A este respecto persoal da consellería xa acudiu ao concello no seu momento para explicarlles aos veciños os pasos a seguir. O primeiro deles pasaría por recoller as firmas necesarias, tal e como establece a Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia (Metaga), solicitando o inicio deste procedemento. Unha vez o concello entregue a lista de sinaturas, algo que está previsto para o mes de setembro, a Xunta podería empezar a estudar se o proceso cumpre cos requisitos.

En Lousame leváronse a cabo ata cinco parcelarias no seu municipio (Lesende, Lousame, Tállara, Toxosoutos e Vilacova) todas elas está xa rematadas e permitiron reorganizar unha superficie de 1.499 hectáreas, todas de carácter agro-gandeiro.

RozasNoutro orde de cosas, Villaverde aproveitou o encontro para solicitar á Consellería do Medio Rural un tractor para levar cabo as limpezas e rozas municipais. Ángeles Vázquez sinalou ao respecto que se estudiará, como todas as peticións, a dispoñibilidade de maquinaria. O obxectivo é chegar este ano aos 70 concellos galegos aos que se lles facilitou esta maquinaria, vén a través de achegas económicas para a súa compra ou autorizando o seu uso.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre