Inicio Galicia Medio Rural e Aspapel analizan a situación actual do sector forestal en...

Medio Rural e Aspapel analizan a situación actual do sector forestal en Galicia e a importancia de realizar un seguimento e avaliación do estado das masas arboradas

0

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal adiantou que se está traballando no desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia, co fin de coñecer a situación dos recursos forestais da nosa comunidade


O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, reuniuse esta mañá co director forestal da Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón, José Causí, para trasladarlle os avances na mellora da estatística forestal en Galicia e os traballos realizados pola Consellería no marco do proxecto Gosgge.

Así, o director xeral adiantoulle que a Consellería segue a traballar no desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia, presentado xa na última reunión do Consello Forestal de Galicia. Neste senso, sinalou que o feito de coñecer a situación dos recursos forestais da comunidade permitirá realizar un seguimento e avaliación do estado das masas arboradas e estimar a cantidade e calidade destes recursos. Unha información, matizou Chan, que permitirá contribuír ao desenvolvemento forestal de Galicia.

Noutra orde de cousas, tamén analizaron a participación da Consellería no proxecto Gossge (Grupo Operativo Supra-autonómico de Sanidade sobre Gonipterus en Eucalipto). Neste sentido, José Luis Chan lembrou que a Consellería está a colocar todos os anos arredor de 10.000 bolsas con ootecas parasitadas polo Anaphes nitens, un parasitoide natural do Gonipterus platensis, co fin de loitar contra a praga e reducir así os niveis de danos nas poboacións de eucaliptos.

Os socios beneficiarios deste proxecto son a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón (Aspapel), a Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España (COSE), a Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga), o Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (Cetemas), así como varias empresas privadas. A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, está a participar en condición de colaboradora, igual que outros órganos das administracións autonómicas de Asturias e Cantabria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre