Inicio Galicia Medio Rural e a Fundación Paideia avanzan na súa colaboración en materia...

Medio Rural e a Fundación Paideia avanzan na súa colaboración en materia de desenvolvemento rural e mellora xenética forestal

0

José González destacou que este GDR é un dos máis operativos e dinámicos e que desenvolve un importante labor no apoio aos emprendedores no agro


O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse esta mañá en San Caetano con Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia. Esta entidade preside a asociación Deloa, encargada de xestionar o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) 18, que abarca as comarcas do Sar, Barbanza e Noia, así como o concello de Muros.

Na xuntanza avaliouse o traballo deste grupo, un dos máis operativos e dinámicos e que desenvolve un importante labor dinamizador e de acompañamento ao emprendedor, tal e como destacou o conselleiro. Neste sentido, cómpre salientar que este GDR xestionou axudas para un total de sete proxectos na última convocatoria, dos cales tres teñen carácter produtivo e os catro restantes non produtivo.

Estas iniciativas apoiadas pola Xunta suporán a mobilización de 1,6 millóns de euros no territorio. Os proxectos van dende os de carácter turístico ata os vinculados coa posta en valor de recursos naturais, pasando por outros vencellados á cultura e ao patrimonio. Na reunión de traballo participaron por parte da Consellería, ademais do seu titular, os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois.

O encontro serviu ademais para avaliar a marcha do convenio subscrito en abril de 2018 entre a Fundación Paideia e a Consellería do Medio Rural en materia de mellora xenética de especies forestais como a cerdeira e o carballo. Nesta liña, o conselleiro animou aos responsables da entidade a estudar a posibilidade de incluír neste acordo, dotado con 135.000 euros en tres anos, outras especies que están a rexistrar un pulo na nosa comunidade nos últimos tempos, caso das oliveiras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre