Inicio Galicia Medio Rural e a asociación de silvicultores Costa Norte analizan as necesidades...

Medio Rural e a asociación de silvicultores Costa Norte analizan as necesidades do sector forestal

0

Ángeles Vázquez recibiu aos portavoces desta entidade de Ortegal e felicitounos pola súa preocupación por cumprir a normativa


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, vén de recibir en San Caetano á Asociación de Silvicultores Costa Norte. Durante o encontro os portavoces puideron trasladar á conselleira as súas necesidades no ámbito forestal. En concreto, mostráronse interesados en participar en programas de mobilidade de terras, tanto en reestruturacións parcelarias de carácter forestal como outro tipo de sistemas de reorganización do monte.

Durante o encontro, os silvicultores mostraron ademais o seu compromiso coa revisión do Plan Forestal elaborado pola Consellería do Medio Rural en coordinación co sector. Están, por exemplo, a favor da plantación de frondosas, en consonancia coa filosofía do Goberno galego. Ademais, mostráronse especialmente implicados no cumprimento da normativa que establece distancias de seguridade para as plantacións, algo polo que Ángeles Vázquez felicitounos e agradeceulles a súa actitude.

Entre os traballos da Consellería do Medio Rural, desde Costa Norte destacaron a aposta da Xunta pola defensa da sanidade vexetal e a loita biolóxica que están emprendendo contra diversos patóxenos.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida del buceador que había desaparecido en el Orzán (A Coruña)

A Asociación de Silvicultores Costa Norte aglutina uns 150 socios dos concellos de Mañón e Ortigueira e xestionan xa unhas 2.300 hectáreas. Neste sentido, a conselleira animounos a seguir nese camiño, sumando novos propietarios e territorios.  


- Te recomendamos -