Inicio Galicia Medio Rural destinou 2,2 M? ao GDR Salnés-Ulla-Umia para financiar un total...

Medio Rural destinou 2,2 M? ao GDR Salnés-Ulla-Umia para financiar un total de 57 proxectos beneficiarios das axudas Leader no período 2014-2020

0

O director xeral da Agader participou esta tarde na inauguración da casa de turismo rural “El Abuelo de Arcos”, que recibiu unha destas axudas

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, participou esta tarde na inauguración da casa de turismo rural “El Abuelo de Arcos”, beneficiaria dunha axuda da Consellería do Medio Rural, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Salnés-Ulla-Umia.

En total, Medio Rural destinou ata o de agora uns 2,2 millóns de euros ao GDR Salnés-Ulla-Umia para financiar 57 proxectos beneficiarios das axudas Leader no período 2014-2020. Neste senso, cabe recordar que a medida Leader ten entre os seus principais obxectivos mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural e dotar de servizos á poboación destas zonas, favorecendo a mellora do seu nivel de vida, a inclusión social e a redución da pobreza. Trátase tamén de favorecer a ocupación sustentable do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos, as persoas con discapacidade ou as persoas maiores.

Neste caso concreto, a achega permitiu rehabilitar unha vivenda antiga do ano 1878 para convertela nunha casa de turismo rural, dotada con seis cuartos e distintas estancias comúns, entre elas unha piscina e aparcadoiro privado. A axuda total ascendeu a case 86.000 euros, é dicir, o 45% do investimento total.

O GDR Salnés-Ulla-Umia é unha asociación sen ánimo de lucro colaboradora de Agader para xestionar a medida Leader. Ten como finalidade ser o núcleo de integración e de representación dos diferentes axentes territoriais, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio.

O seu ámbito de actuación abarca 16 concellos da provincia de Pontevedra: Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre