Inicio Galicia Medio Rural destina preto de 30.000 euros ao concello de Esgos para...

Medio Rural destina preto de 30.000 euros ao concello de Esgos para acondicionar camiños de titularidade municipal

0


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá en San Caetano ao alcalde do concello de Esgos, Mario Rodríguez, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas deste municipio respecto ao agro. Así, ambos dirixentes estiveron analizando as actuacións levadas a cabo no acondicionamento dos camiños de titularidade municipal, sendo o orzamento para este ano de case 30.000 euros.

A conselleira destacou que estas inversións redundan directamente nunha mellora das comunicacións e da calidade de vida dos habitantes desta zona. Neste senso, salientou os máis de 100.000 euros destinados nos últimos tres anos a este fin, a través do Plan marco de camiños. A titular de Medio Rural lembrou tamén que a contía para toda Galicia ascende este ano a 16 millóns de euros, dos cales 3,7 millóns de euros son para concellos da provincia de Ourense.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

- Te recomendamos -