Inicio Galicia Medio Rural destina 850.000 euros na nova convocatoria de axudas para a...

Medio Rural destina 850.000 euros na nova convocatoria de axudas para a constitución de sociedades de fomento forestal

0

Nesta nova orde modifícanse as bases para gañar en eficacia e facilitar a tramitación, co obxectivo de fomentar a xestión conxunta dos montes


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas da Consellería do Medio Rural para a constitución de sociedades de fomento forestal (Sofor), cun orzamento de 850.000 euros. Estas achegas están destinadas a poñer en marcha novas Sofor e apoiar o inicio da actividade daquelas xa inscritas.

Na convocatoria deste ano modificáronse as bases co obxectivo de facer a orde máis atractiva e fomentar así a xestión conxunta dos montes galegos a través destes instrumentos. A finalidade destas subvención é fomentar sistemas de xestión conxunta dos aproveitamentos forestais, incluídos os aproveitamentos e a comercialización das producións. Deste xeito, preténdese conseguir unha rendibilidade das propiedades forestais e posibilitar unha adecuada xestión sustentable dos montes de propiedade privada nos que se apliquen instrumentos de xestión forestal. Deste xeito, contribúese a reducir o nivel de abandono do monte galego e, por extensión, o risco de incendios forestais.

Os posibles beneficiarios teñen de prazo un mes para presentar obrigatoriamente as solicitudes por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Leer más:  Los empleados de Navantia en Ferrol han aprobado un calendario de movilizaciones para las semanas venideras

Cambios máis destacadosEntre os cambios máis destacados está o baremo de puntuación. Agora o maior número de puntos conseguirase a través do número de socios que pretenden constituír a Sofor. Tamén se terá en conta a superficie media das parcelas (canto máis pequenas, máis puntos) a proporción de superficie concentrada (canto máis proporción máis puntos) e dáse prioridade ás Zonas de Alto Risco de incendios ou áreas pouco poboadas que irán recollidas na propia orde.

Respecto aos custos subvencionables, manterase o de constitución das Sofor (inclúe gastos notariais, etc) e o de identificación de parcelas dividirase en dous: o coste de localización dos terreos e o coste de impulso. Isto é así porque poden crearse Sofor sobre zonas de concentración onde xa se coñece a localización das parcelas, pero é necesario todo un labor de contacto cos propietarios que as veces ten un importante custo. Desaparecen, en cambio, os gastos de arranque, que na práctica nunca se chegaron a financiar.

Tamén se mellorou o prazo de execución, que pasou a ser bianualizado para dar máis tempo a contactar cos propietarios e que estes asinen a cesión e constitución da Sofor. En concreto, terán ata o 1 de outubro de 2019 para xustificar as actuacións.

Leer más:  Un hombre de 80 años fallece por ahogamiento en la playa de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña)

- Te recomendamos -