Inicio Galicia Medio Rural destina 60.000 euros á mellora do camiño de acceso á...

Medio Rural destina 60.000 euros á mellora do camiño de acceso á ermida de San Roque no concello ourensán de Oímbra

0

O proxecto execútase ao abeiro do Plan Marco bianual de melloras de camiños municipais e os traballos correspondentes a este ano xa están rematados


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegouse ao concello de Oímbra e analizou xunto coa alcaldesa deste municipio ourensán, Ana Villarino, o proxecto que se está a executar ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais da Consellería do Medio Rural 2018-2019. Oímbra solicitou con cargo a este programa a concesión dunha axuda para mellorar o camiño municipal de acceso á ermida de San Roque dende a capitalidade do municipio, dado o seu estado de deterioración. Así, Medio Rural aprobou este proxecto que conta cun investimento total de 59.946 euros, distribuídos en dúas anualidades, dentro do obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros fins o da cohesión territorial.

A actuación executarase nos case 470 metros que ten de lonxitude este camiño e consiste na súa pavimentación e ensanche.

O orzamento do Plan Marco da convocatoria do pasado ano (ano 18) na provincia de Ourense foi de 3,4 millóns de euros, distribuídos en dúas anualidades.

A delegada territorial subliñou que grazas a este programa facilitarase a accesibilidade a predios e explotacións agroforestais, así como aos núcleos de poboación. Díaz Mouteira explicou que o reparto destes fondos fíxose de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos, como a poboación, superficie ou a ruralidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre