Inicio Galicia Medio Rural destina 40.000 euros a acondicionar un local en desuso de...

Medio Rural destina 40.000 euros a acondicionar un local en desuso de Vedra para crear un obradoiro de produtos agrarios

0

A conselleira Ángeles Vázquez asinou un convenio co alcalde da localidade para levar adiante esta iniciativa, que se enmarca nos proxectos senlleiros impulsados pola Xunta para mellorar a calidade de vida e o tecido produtivo do agro galego

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asinou este mediodía co alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, un convenio de colaboración para a realización dun proxecto senlleiro neste municipio. Trátase da posta en valor dunhas instalacións, actualmente en desuso, pertencentes á antiga escola de San Mamede, co fin de crear nelas un obradoiro para elaboración de produtos agroalimentarios. Servirá para impulsar a produción e comercialización de produtos locais entre a poboación en xeral, por parte dos veciños desta localidade coruñesa.

A iniciativa conta cun orzamento total que supera os 80.000 euros e cunha subvención de 40.000 euros por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), adscrita á consellería. Levaranse a cabo diferentes obras de acondicionamento, que inclúen a demolición e reordenación de tabiques, illamento de falsos teitos e mellora da cuberta do edificio, construción de aseos adaptados, así como creación de salas de envasado e transformación de produtos. Os traballos completaranse cunha pequena urbanización para mellorar a accesibilidade do edificio.

Leer más:  Xunta y Gobierno comenzarán negociaciones para resolver discrepancias sobre la ley de calidad alimentaria

Calidade de vidaOs proxectos senlleiros, como este que se vai levar a cabo en Vedra, teñen como finalidade xeral mellorar as condicións de vida e a súa calidade no rural galego, de forma que sexa un lugar máis atractivo para vivir e traballar, favorecendo así a fixación da poboación e o fomento do seu tecido produtivo.

Ao longo do 2018 a consellería do Medio Rural destina para este tipo de iniciativas máis de 650.000 euros, co obxectivo de levar a cabo un total de 16 proxectos. Estes súmanse aos 14 desenvolvidos o pasado 2017, cun orzamento total de preto de 900.000 euros.

Entre os xa realizados destacan o acondicionamento do antigo matadoiro para secado de xamóns na Cañiza ou a adquisición de material bibliográfico da curta cinematográfica Mouras en Folgoso do Courel. No eido do patrimonio tamén se traballou na recuperación dun muíño do século XIX no Bolo ou a humanización da igrexa de Torres en Vilarmaior. 


- Te recomendamos -