Inicio Galicia Medio Rural controlará sobre o terreo a alta actividade incendiaria en cada...

Medio Rural controlará sobre o terreo a alta actividade incendiaria en cada unha das parroquias con máis problemática

0

A consellería iniciará a vindeira semana reunións de estudo e control con axentes públicos e privados do territorio nas 77 zonas consideradas actualmente como PAAI (parroquias de alta actividade incendiaria)

A Consellería do Medio Rural porá en marcha, a partir da vindeira semana, unha rolda de reunións de estudo e control da alta actividade incendiaria nas catro provincias galegas. Nestes encontros analizarase a problemática concreta de cada unha das parroquias de alta actividade incendiaria (PAAI) localizadas no territorio galego. Nestas xuntanzas participarán técnicos de Medio Rural, alcaldes e responsables municipais, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e diferentes axentes sociais públicos e privados con presenza no territorio.

Así, farase unha avaliación das principais causas, consecuencias e peculiaridades da actividade incendiaria en cada unha destas parroquias, procurando mellorar os mecanismos e a coordinación en materia de prevención, disuasión, extinción e investigación de lumes e reforzando a cooperación cos corpos policiais nestas tarefas.

Con estas reunións preténdese tamén dar visibilidade ao problema recorrente da elevada actividade incendiaria nestas zonas específicas, de forma que os técnicos que traballan sobre o terreo dispoñan das claves necesarias para facerlle fronte a esta lacra con maior eficacia.

Leer más:  Los empleados de Navantia en Ferrol han aprobado un calendario de movilizaciones para las semanas venideras

Os encontros terán lugar nas catro provincias, concentrando en cada un deles a varios municipios afectados. Así, por exemplo, na primeira reunión prevista para a vindeira semana agruparanse os concellos de Maceda, Ourense, Padrenda e Vilamarín. O calendario de xuntanzas contempla as 77 parroquias consideradas actualmente como de alta actividade incendiaria, que teñen esta condición ben polo número reiterado de incendios ou pola súa virulencia.

As reunións comezarán pola provincia ourensá, que é a que presenta máis PAAI, para estenderse despois polas de Pontevedra, Lugo e A Coruña. Terán lugar entre finais deste mes de maio e ao longo de xuño, sempre antes do inicio da tempada de alto risco de lumes, que coincide con verán.


- Te recomendamos -