Inicio Galicia Medio Rural continúa a rolda de contactos co sector para reforzar a...

Medio Rural continúa a rolda de contactos co sector para reforzar a postura conxunta de Galicia cara a reforma da PAC

0

A titular da Consellería e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias reuníronse con representantes de entidades de asesoramento a agricultores, gandeiros e silvicultores que xestionan pagos da PAC


A Consellería do Medio Rural continúa a súa rolda de contactos con representantes do sector agrogandeiro e forestal da nosa comunidade para reforzar a postura conxunta de Galicia diante da reforma da Política Agrícola Comunitaria (PAC).

A titular deste departamento, Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse hoxe en San Caetano cos representantes de tres entidades que traballan no eido do asesoramento aos agricultores, gandeiros e silvicultores galegos e que entre outras tarefas encárganse da tramitación dos pagos da PAC. Trátase de Xeruga e Xeagro, que actúan nese ámbito da xestión e o asesoramento no medio rural, así como da asociación de gandeiros do Macizo Central ourensán, Agromacen.

A conselleira e a directora xeral escoitaron as súas propostas e suxestións, co fin de procurar o máximo consenso posible no establecemento da posición de Galicia, que defende que se manteña o actual orzamento da PAC, que se contemplen as singularidades da nosa comunidade ou que se siga favorecendo a remuda xeracional no agro, entre outras medidas. A reunión serviu tamén para afondar na necesidade de simplificación da PAC, para o que se lles pediu a estas entidades que fagan as súas propostas ao respecto.

Leer más:  Las exportaciones gallegas aumentan un 13% en febrero, el segundo mayor incremento entre las comunidades

- Te recomendamos -