Inicio Galicia Medio Rural colabora co concello de Cartelle na adquisición dun tractor para...

Medio Rural colabora co concello de Cartelle na adquisición dun tractor para a prevención de incendios

0

O director de Desenvolvemento Rural e a delegada da Xunta en Ourense visitaron hoxe este municipio con motivo da compra desta maquinaria para a roza de matogueira


A Consellería do Medio Rural financiou a compra dun tractor para a prevención de incendios forestais para o concello de Cartelle, en virtude dun convenio financiado por este departamento autonómico, cun importe máximo de 85.000 euros.

O director de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe este concello ourensán con motivo da adquisición desta maquinaria para a roza. Con este tipo de convenios trátase de facilitar, por parte da Xunta, os traballos de limpeza de matogueira no ámbito de competencias das entidades locais.

Neste contexto, o pasado mes de agosto asináronse os correspondentes documentos con 19 alcaldes de toda Galicia, entre eles, o de Cartelle. En virtude destes acordos, Medio Rural comprometeuse a financiar a compra da maquinaria por parte dos municipios beneficiados. A axuda destínanse á compra dun tractor con dous apeiros de roza (un de arrastre e outro de brazo). O IVE correspondente ten que aboalo cada concello.

Leer más:  Pedro Blanco anticipa que habrá más arrestos durante la operación en marcha contra los fabricantes de 'narcolanchas'

A Consellería continuará con esta iniciativa e proseguirá achegando financiamento, por un importe total de 3,2 millóns de euros só este ano, para a adquisición de novos tractores, ata chegar a 35 neste exercicio. Estes sumaranse aos 35 subvencionados en 2017, co que xa serán 70 os apeiros financiados, que prestarán servizo a un total de 81 entidades locais.


- Te recomendamos -