Inicio Galicia Medio Rural chegou a 223 beneficiarios da comarca de Santiago con máis...

Medio Rural chegou a 223 beneficiarios da comarca de Santiago con máis de 9,5M? coas axudas de incorporacións de mozos, plans de mellora e pequenas explotacións

0

Ovidio Rodeiro visitou unha gandería en Toques, neste municipio recibiron estas achegas 17 gandeiros e agricultores cunha partida de 444.000 euros


O delegado da Xunta na Coruña fixo balance das axudas que tivo a comarca de Santiago de Compostela a través da orden de apoios aos investimentos nas explotacións agrícolas, de creación de empresas para os agricultores mozos e de pequenas explotacións. En total, esta comarca recibiu 9,5M€ da Consellería de Medio Rural e chegouse a 223 beneficiarios. Concretamente o plan cunha maior contía foi o de Plan de Mellora que beneficiou a 120 gandeiros e agricultores e contou cunha achega de 7,1M€. Na liña de incorporación de mozos na comarca chegou a 45 beneficiarios cunha axuda de 1,5M€A esta cifra aclarou Ovidio Rodeiro, hai que engadir as 55 axudas a pequenas explotacións cunha aportación de 825.000 euros e as 2 axudas para explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal con máis de 21.000 euros.

O delegado territorial valorou estes datos durante a visita á explotación gandeira de Saamil en Toques. Este concello tivo 17 beneficiarios destas ordes e contou cunha achega de 444.000 euros.

Rodeiro lembrou que “está é unha das ordes de axudas máis destacadas da Consellería de Medio Rural, xa que consegue mellorar a estrutura produtiva das explotacións e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción co obxectivo de mellorar a competitividade do rural galego”. Ao mesmo tempo, coa liña de axudas a mozos, búscase un rexuvenecemento da poboación activa no rural e o fomento do emprego no agro, con especial consideración cara as mulleres, co fin último de fixar poboación no medio rural.

Concello de ToquesO representante do Goberno Autonómico tamén se referiu ao importante esforzo inversor da Xunta de Galicia neste concello. No ano 2018 investiu máis de 2,2 M€ a través dos distintos programas, axudas e actuacións.

Concretamente, a Consellería de Medio Rural foi a que realizou o maior esforzo inversor que ascendeu a 1,7 M€ que permitiron chegar a 268 beneficiarios dos distintos plans de axuda como a PAC, o Leader, as axudas para a creación de superficies forestais, ou as achegas para a contratación de mozos e pequenas explotacións. Ademais destináronse máis de 44.000 euros ao Plan de Mellora de Camiños Municipais.

Outra das partidas importantes que recibiu este concello foi o Fondo de Cooperación Local que supera os 156.000 euros. Este fondos se transfiren directamente aos gobernos locais para que fagan un uso non finalista e para que sexan xestionados e tramitados por eles mesmos.

Igualmente Ovidio Rodeiro resaltou o apoio ás políticas sociais coas achegas da Xunta para a axuda a domicilio e para o RISGA de máis de 111.000 euros que beneficiaron a 26 usuarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre