Inicio Galicia Medio Rural avanza no proxecto de mobilización de terras do sur de...

Medio Rural avanza no proxecto de mobilización de terras do sur de Ourense ao contactar cos propietarios das parcelas

0

O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, explicou hoxe o proxecto aos veciños de Cualedro


A Consellería do Medio Rural dá un paso máis de cara á mobilización de terras no sur de Ourense. Os servizos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que levan a cabo o proxecto, puxéronse xa en contacto cos propietarios das parcelas para presentarlles o proxecto e avanzar cara a recuperación dos seus terreos. En concreto, hoxe o director da Agader, Miguel Pérez Dubois, desprazouse ata Cualedro para manter un encontro cos veciños e mañá serán os de Oímbra os que reciban as explicacións dos técnicos de axencia.

Este proxecto consiste en poñer a producir terras con aptitude agraria pero actualmente en situación de abandono para diferentes tipos de cultivos e aproveitamentos. Analizouse xa unha área de máis de 3.000 hectáreas nestes dous concellos do sur de Ourense correspondentes con zonas de concentración parcelaria e afectadas polo lume.

Así, durante este ano a consellería xa contactou con diferentes empresas e cooperativas do sector agrogandeiro para que expresaran a súa vontade de participaren no proxecto, así como coñecer as súas necesidades agronómicas e as de superficie de cultivo. Unha vez trasladados estes datos, levouse a cabo o traballo de campo, consistente en seleccionar, dentro das parcelas en abandono, aquelas que cumpriran cos requirimentos das empresas.

Leer más:  El Supremo confirma la condena a 14 años de cárcel a 'El Chicle' por agredir sexualmente a su cuñada menor de edad

Foi este un longo traballo que rematou a mediados de agosto e lográronse seleccionar un conxunto de parcelas que suman en total unhas 500 hectáreas, que no futuro se poderían incrementar segundo as necesidades. Estes terreos estaría destinados ao cultivo de trigo, outros cereais e leguminosas para alimentación animal e viñedos.

Segunda faseAgora a consellería entra nunha nova fase dos traballos a través das xuntanzas con propietarios das zonas beneficiarias do proxecto e técnico do Banco de Terras. A primeira reunión xa tivo lugar hoxe pola mañá en Cualedro e alí se lles explicaron as ofertas sobre as terras incluíndo prezos e tempos de arrendamento. O seguinte encontro será esta mesma tarde en Oímbra e mañá, xoves 23, volverase a Cualedro, esta vez, ao centro social-rectoral A Xironda.

Dende a Consellería do Medio Rural quérese agradecer especialmente a implicación dos respectivos concellos neste proxecto, xa que facilitaron unha importante axuda, por exemplo, á hora de localizar os terreos, e sen eles non tería sido posible avanzar nestes traballos.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

- Te recomendamos -