Inicio Galicia Medio Rural autoriza o uso temporal dun tractor ao concello de Ordes...

Medio Rural autoriza o uso temporal dun tractor ao concello de Ordes para axudarlle nos labores de limpeza e de prevención de incendios forestais

0

O delegado territorial da Xunta asinou co alcalde de Padrón, Antonio Fernández, a cesión da nova maquinaria que lle permitirá cumprir a súas obrigas coa limpeza e mantemento da biomasa

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou esta mañá, co alcalde de Ordes, José Luis Martínez, a cesión temporal dun tractor e dous apeiros (1 rozadoira de brazo e unha trituradora suspendida traseira), que seguirá sendo propiedade da Xunta, pero estará a disposición deste concello para a prevención dos incendios forestais e para facilitarlle aos municipios beneficiados os traballos de limpeza de matogueira no ámbito das súas competencias.

Ovidio Rodeiro lembrou que recentemente a Consellería de Medio Rural asinou tamén con 20 alcaldes de toda Galicia os convenios para a adquisición doutros tantos tractores para a roza, que serán utilizados na prevención de incendios forestais nestes municipios. Os asinantes na provincia da Coruña foron os concellos de Mazaricos, As Somozas, Vedra, Vimianzo e Zas.

A Consellería continuará con esta iniciativa e en breve achegando financiamento, por un importe total de 3,2 millóns de euros este ano, para a adquisición de novos tractores, ata chegar a 35 neste exercicio. Estes sumaranse aos 35 subvencionados en 2017, co que xa serán 70 os apeiros financiados, que prestarán servizo a un total de 81 entidades locais.

Vías de colaboraciónEn total, son dúas as vías de colaboración cos municipios. Dunha banda, estes 20 convenios que se asinaron e aos que os concellos poden optar, por orde de prioridade, de acordo cunha serie de criterios obxectivos, entre os que figuran o seu número de entidades singulares de poboación, a súa superficie ou que teñan subscrito con Medio Rural o convenio para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018.

Doutra parte, incorpórase unha segunda modalidade, a través das xefaturas territoriais. con acordos de colaboración coas entidades locais para o uso desta maquinaria, que seguirá sendo propiedade da Consellería.

ObrigasA través destas colaboracións a Xunta facilita aínda máis aos concellos o cumprimento das súas obrigas en canto a execución das rozas e o mantemento das vías municipais. A esta medida hai que sumar os tradicionais convenios de colaboración para a prevención e defensa contra os incendios forestais polo que as entidades locais poden subvencionar as rozas, dispor de motobombas e brigadas municipais; e o novo acordo coa Fegamp no que Medio Rural investirá máis de 28 millóns de euros ata o 2021 para poñer en marcha un sistema público de xestión da biomasa nas proximidades dos núcleos de poboación.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre