Inicio Galicia Medio Rural aproba o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Santa...

Medio Rural aproba o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Santa Baia de Losón, no concello pontevedrés de Lalín

0

Dáse así un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, que beneficia a 520 propietarios e afecta unha superficie total de 693 hectáreas

A Consellería do Medio Rural vén de aprobar o acordo da reestruturación parcelaria da zona de Santa Baia de Losón, no concello pontevedrés de Lalín. Este paso supón a determinación dos predios de re-emprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra.

Neste caso, falamos da reorganización de 3.152 parcelas que pasan a ser 945 predios pertencentes a 520 propietarios. A aprobación do acordo, que se publicará en breve no Diario Oficial de Galicia, foi asinado xa polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e permite dar un paso máis na finalización deste proceso que afecta 693 hectáreas.

Nesta reorganización territorial lévanse investidos algo máis de 2,6 millóns de euros, que se destinaron na súa meirande parte á execución da rede de camiños e, en menor medida, a investimentos en diferentes servizos técnicos e ao acondicionamento das parcelas. O impulso ás reestruturacións parcelarias é unha das principais liñas de traballo da Consellería do Medio Rural. Para esta finalidade, o departamento que dirixe José González destina só este ano un orzamento superior aos 20 millóns de euros. O obxectivo é rematar administrativamente no ano 2020 as zonas actualmente abertas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre