Inicio Galicia Medio Rural aproba o acordo da concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba, en Castro...

Medio Rural aproba o acordo da concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba, en Castro Caldelas

0

Esta concentración afecta a 1.263 hectáreas e 455 propietarios

A Consellería do Medio Rural vén de aprobar o acordo da reestruturación parcelaria da zona Burgo-Vilamaior-Camba, no concello ourensán de Castro Caldelas.

Unha vez revisada a documentación e planos avánzase neste novo paso no que se determinarán os predios de reemprazo xunto cos novos titulares. Unha vez resoltos todos os recursos que poidan existir, declararase a firmeza do acordo e finalizará así a parte administrativa deste proceso de reorganización territorial.

Esta concentración afecta a 1.263 hectáreas e 455 propietarios. A día hoxe hai 5.705 parcelas que pasarán a ser 921 tras finalizar esta fase. Así, a superficie media de cada predio pasará de 2.211 metros cadrados a 13.496. Por tipos de uso, 254 hectáreas son de labradío, 348 de prado e 657 de monte (o resto a outros fins). Neste proceso xa se levan investidos máis de 3,3 millóns de euros, a maioría (preto de 2,9 millóns) nas obras de construción de camiños.

Este avance enmárcase no importante esforzo que está facendo a Consellería do Medio Rural por rematar procesos de reorganización abertos dende hai anos e, ademais, apostar por aquelas reestruturacións que de verdade teñan interese agrario para a contorna.

Leer más:  Díaz alaba el Encaixe de Camariñas, ejemplo de "cultura" y "trabajo" hecho por mujeres que pone a Galicia "en el mundo"

- Te recomendamos -