Inicio Galicia Medio Rural aproba as novas fincas da concentración parcelaria de Troáns para...

Medio Rural aproba as novas fincas da concentración parcelaria de Troáns para a súa exposición pública e encarga os traballos de colocación de marcos e execución de camiños secundarios

0

Os 749 propietarios poderán consultar os predios resultantes, que optimizáronse de 5.283 a 1.312, a partir das notificacións individuais a través da web da consellería ou con cita, previa consulta telefónica, no servizo en Pontevedra polas restricións da covid-19

A Consellería de Medio Rural acaba de aprobar o acordo de reestruturación de fincas do proceso de concentración parcelaria do sector I de Troáns, no Concello de Cuntis, polo que se establecen as fincas resultantes e a distribución das novas propiedades entre os 749 titulares beneficiarios.

Por iso, o departamento autonómico, que notificará individualmente esta medida aos veciños nestes días para poder presentar alegacións, realizará a exposición pública dos planos dos novos predios a partir destas comunicacións que, polas restricións derivadas da covid-19, non se poderán expoñer para a súa consulta na parroquia. Así, a exposición realizarase a través da páxina web da Consellería, establecerase a atención telefónica no Servizo de Infraestruturas Agrarias (avenida María Victoria Moreno 43-2º, Pontevedra) chamando aos teléfonos 986 805 433, 986 805 448 ou 886 206 599 e, de considerarse necesario durante a consulta, poderá concertarse a atención presencial con cita previa.

Paralelamente, a consellería vén de contratar novas actuacións para avanzar nas obras físicas desta parcelaria e destinará 338.000 euros á colocación dos marcos e á execución da rede de camiños secundarios coa previsión de que se realicen durante os próximos 12 e 8 meses, respectivamente, para axilizar ao máximo o remate deste proceso.

Esta parcelaria, que xa recibíu ata a data investimentos por riba dos 2,3 millóns de euros, ten unha superficie afectada de 437 hectáreas, das que 351 procederon a concentrarse, o que redunda no beneficio dos seus 749 propietarios, xa que optimizarán as 5.283 parcelas iniciais, cunha superficie media de 664 m2, nos 1.312 predios de substitución resultantes cuxo acordo vén de ser aprobado pola Xunta.

As novas parcelas son, ademais, moito máis operativas para o desenvolvemento de tarefas agrícolas ou forestais, xa que sitúanse, de media, en 2.576 m2. Ademais, os seus donos gañarán en eficiencia, posto que pasarán de ter un parámetro de 7,05 predios cada un a só 1,75, o que evita desprazamentos, optimiza a labor agrogandeira e forestal e incrementa o rendemento e a operatividade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre