Inicio Galicia Medio Rural analiza a alta actividade incendiaria nas parroquias de San Xoán...

Medio Rural analiza a alta actividade incendiaria nas parroquias de San Xoán de Poio e de Saiar en Caldas de Reis

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu unha xuntanza de traballo para coñecer de primeira man os problemas que poida haber nestas zonas para definir as posibles causas deste actividade


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu esta mañá a xuntanza sobre estudo e control a alta actividade incendiaria nas parroquias de Saiar en Caldas de Reis e San Xoán de Poio.

Na reunión estiveron presentes o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, o xefe do Servizo de Incendios, Manuel Francisco, así como membros do XIX Distrito Forestal, da Garda Civil, Policía Autonómica, representantes de ambos concellos e das comunidades de montes destas áreas.

Trátase da segunda reunión destas características desenvolvida na provincia de Pontevedra trala que presidiu recentemente a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, no concello de Dozón. O obxectivos da mesma é levar a cabo o estudo e control da alta actividade incendiaria nas parroquias rexistradas no Pladiga como PAAI (parroquia de alta actividade incendiaria).

Leer más:  Un hombre de 80 años fallece por ahogamiento en la playa de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña)

Tal e como recordou Cores Tourís, “a loita contra os lumes é un problema de todos, polo que é preciso coñecer de primeira man as particularidades que poida haber na zona para definir as posibles causas desta situación”. De feito, segundo apuntou o delegado territorial, estas reunións de traballo pretenden poñer sobre a mesa as posibles causas dos incendios forestais nas 77 PAAI rexistradas este ano no Pladiga, co fin de poder actuar antes, durante e despois dos lumes. En total son 15 reunións nas catro provincias, concentrando en cada un deles a varios municipios afectados e que contan actualmente con algunha das parroquias consideradas actualmente como de alta actividade incendiaria, que teñen esta condición ben polo número reiterado de incendios ou pola súa virulencia.“Temos que analizar se hai problemas para poder atallalos con diálogo e disuasión”, de aí que un dos obxectivos destas xuntanzas sexa mellorar os mecanismos e a coordinación en materia de prevención, extinción e investigación de lumes e reforzar a cooperación cos corpos policiais nestas tarefas, engadiu José Manuel Cores Tourís, quen recordou que na provincia de Pontevedra hai 15 PAAI, situadas en 12 concellos. En concreto, durante a reunión de hoxe analizouse a situación que viviron nos últimos anos as parroquias de Saiar en Caldas de Reis e de San Xoán de Poio, onde nos últimos cinco anos rexistráronse un total de 24 incendios en total.

Leer más:  El PSdeG pide a la conselleira do Medio Rural que se disculpe por sus declaraciones sobre los incendios

- Te recomendamos -