Inicio Galicia Medio Rural achegou a través do Leader 184.000 euros ao centro de...

Medio Rural achegou a través do Leader 184.000 euros ao centro de formación de novas tecnoloxías do Pazo de Vista Real, en Vilanova de Arousa

0

A posta en marcha e posterior ampliación destas instalacións supuxo un investimento total de 240.000 euros


O acondicionamento e posterior ampliación do centro de formación de novas tecnoloxías no Pazo de Vista Real, en Vilanova de Arousa (Pontevedra), supuxo un investimento de 240.000 euros e contou con axudas do Leader por importe de algo máis de 184.000 euros, é dicir de preto do 77% do total investido.

Así o destacou esta tarde o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, durante unha visita a estas instalacións na que salientou tamén a importancia deste tipo de achegas para dinamizar o agro galego, facilitando a mellora das dotacións públicas e da calidade de vida dos veciños, neste caso centrada no acceso ás novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).

En particular, os devanditos fondos destináronse a converter o pazo nun centro formativo específico en TIC, acondicionando o edificio e dotándoo de aulas con ordenadores, proxector e conexións de rede de banda ancha, así como puntos wifi, mobiliario, aseos e actuacións na cuberta da fachada. Estas primeiras intervencións realizáronse ao longo de 2015 e tiveron continuidade no 2017, coa ampliación do centro por medio da adecuación da primeira planta do inmoble, para dispor de maior espazo útil.

Leer más:  La Xunta inaugura un museo de arqueología en Ons con el fin de dar a conocer los restos patrimoniales descubiertos en la isla

Esta iniciativa, de carácter non produtivo, foi impulsada polo Concello de Vilanova de Arousa, co fin de facilitar formación aos veciños interesados no eido das novas tecnoloxías. Nas súas instalacións impártense actualmente cursos de informática e mesmo de manexo de drons, entre outras accións formativas. Debido á crecente demanda deste tipo de actividades, fíxose necesario ampliar o centro, consolidando a Vilanova de Arousa como municipio pioneiro na formación con TIC dentro da comarca do Salnés.


- Te recomendamos -