Inicio Galicia Medio Rural achegará preto de 104.000 euros para a mellora de camiños...

Medio Rural achegará preto de 104.000 euros para a mellora de camiños municipais no concello de Cerdedo-Cotobade

0

Estes fondos servirán para arranxar vías nas parroquias de Almofrei e Cerdedo


A consellería do Medio Rural destinará un total de 103.930 euros á mellora de camiños rurais no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Estes fondos permitirán arranxar os accesos aos lugares de Arrotea, na parroquia de Almofrei, e Limeres, na de Cerdedo. Os traballos inclúen tanto o movemento de terras como o levantamento de muros e contencións, así como a mellora da capa de rodaxe.

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde da localidade, Jorge Cubela, visitaron este mediodía a zona da intervención, que se inclúe dentro do Plan Marco de mellora de camiños da Consellería do Medio Rural. Ambos destacaron a importancia que ten a posta en valor destas vías de comunicación para mellorar a mobilidade dos veciños e facilitar as tarefas no campo, así como para incentivar o movemento das producións agrogandeiras e a súa saída cara os diferentes mercados.

Cabe lembrar que a Consellería do Medio Rural destina arredor de 16 millóns de euros ao Plan Marco na bianualidade 2018/2019, cantidade idéntica á achegada en anos anteriores e á que está previsto investir para o período 2019/2020. Precisamente a próxima convocatoria publicarase en vindeiras datas no Diario Oficial de Galicia.

Así, o reparto destes fondos entre todos os concellos galegos faise de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e consonte a criterios baseados en indicadores obxectivos. Así, contémplase un importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir un reparto equitativo entre a totalidade de municipios. A estas variables incorpóranse factores correctores vinculados á superficie do concello, o peso do agro no seu territorio, o grao de despoboamento e o de envellecemento. Ademais contémplase un incremento do 50% para aqueles concellos fusionados, como ocorreu neste caso co de Cerdedo-Cotobade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre