Inicio Galicia Medio Rural abre a exposición pública da 2ª fase do proxecto de...

Medio Rural abre a exposición pública da 2ª fase do proxecto de camiños de servizo e obras da concentración parcelaria de Baión, na que se investirán 1,25M?

0

Os 1.052 propietarios poderán consultar a documentación dende hoxe e ata o 18 de decembro a través das páxinas web da consellería ou do Concello de Vilanova

A Consellería de Medio Rural vén de abrir, na xornada de hoxe, o período de exposición pública da segunda fase do proxecto de camiños de servizo e obras da concentración parcelaria de Baión, no Concello de Vilanova de Arousa, que está pendente de adxudicación e que conta cun investimento de 1.259.649€ e un prazo de execución de doce meses.

Este documento, no que aparecen deseñadas as actuacións para seguir avanzando neste proceso de agrupación de fincas, estará dispoñible para a súa consulta por espazo dun mes, ata o próximo 18 de decembro, para os 1.052 propietarios afectados e calquera outra persoa ou entidade interesadas.

O proxecto con toda a súa documentación poderá consultarse na sección de Publicacións da páxina web da Consellería de Medio Rural a través da seguinte dirección https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos ou ben no portal do Concello de Vilanova no enderezo www.vilanovadearousa.com.

Durante o período de exposición pública, os afectados poderán presentar alegacións a través dun escrito presentado no rexistro ou na sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben polos demais medios legais habilitados a tal efecto.

A concentración parcelaria de Baión comprende un total de 6.194 parcelas que acumulan unha superficie de 698 hectáreas cun carácter eminentemente agrícola, xa que esta calificación correspóndese con 85% do territorio afectado por este procedemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre