Inicio Galicia Medio centenar de alumnos de 5º de primaria do CEIP Pío XII...

Medio centenar de alumnos de 5º de primaria do CEIP Pío XII de Santiago abren as visitas a Meteogalicia no mes de febreiro

0

Neste segundo mes do ano achegaranse ás instalacións de Meteogalicia un total de cinco grupos de estudantes de educación primaria, principalmente

Ao longo do mes de febreiro, Meteogalicia recibirá a visita de máis de 200 estudantes galegos. Esta rolda de encontros será aberta polos alumnos de 5º de Primaria do CEIP Pío XII que se achegarán mañá, martes 5 de febreiro, ás instalacións deste centro galego de referencia en materia de meteoroloxía.

Un total de cinco grupos coñecerán as instalacións de Meteogalicia co fin de achegalos ao traballo que se realiza desde este centro dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e aproximar aos máis novos á ciencia da meteoroloxía. Os asistentes participarán en distintas actividades para o coñecemento sobre os sistemas de medición, observación e predición meteorolóxica.

Estas actividades didácticas consisten en conferencias sobre meteoroloxía, aparellos de predición e observación e calidade ambiental; a organización de visitas á estación de medición da calidade do aire e a demostración do lanzamento de radiosondeo.

Na seguinte táboa indícanse as actividades de formación prevista para este mes:

Día

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre