Inicio Galicia Medio Ambiente vén de licitar obras de mellora dos espazos públicos de...

Medio Ambiente vén de licitar obras de mellora dos espazos públicos de Bande e Lobios por un importe de case 175.000 euros

0

Ambas actuacións prevén un prazo máximo de execución de tres meses

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de licitar por máis de 175.000 euros obras de mellora e humanización nos concellos de Bande e Lobios. Trátase de dous proxectos cuxo prazo de execución é de tres meses.

Estas actuacións enmárcase dentro do chamado Plan hUrbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común e a garantir o acceso dos veciños a infraestruturas públicas e servizos.

Humanización no Mercado do XurésNo Concello de Bande levarase a cabo unha humanización da contorna do Mercado do Xurés, onde se prevé a execución de novas beirarrúas, a instalacións de novo mobiliario, como bancos e contedores para a recollida selectiva do lixo… co obxectivo de achegar aos veciños á zona e facilitar aos comerciantes infraestruturas de servizo básicas.

O proxecto tamén inclúe a canalización de augas pluviais, para evitar as verteduras actuais na propia beirarrúa, que estará conectada á rede existente; así como o deseño de prazas de aparcamento, para facilitar o estacionamento nesta zona tan frecuentada e ás persoas con mobilidade reducida. O importe de licitación desta actuación é de 78.000 euros.

Humanización das prazas en LobiosA actuación no Concello de Lobios ten por finalidade mellorar o estado de dúas prazas: a de Xendive e a de Ganceiros, co fin de poñelas en valor e gañar espazo para os veciños. A proxecto -plantexado polo Concello- pretende recuperar zona empregados como áreas de aparcamento e destinalas a zonas de descanso para os habitantes.

Así, procederase á colocación dun pavimento novo, mobiliario e luminarias novas que actualizarán o aspecto destes lugares que se intervirán. O importe de licitación deste contrato ascende aos 96.800 euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre