Inicio Galicia Medio Ambiente someterá nos vindeiros días a trámite ambiental o proxecto sectorial...

Medio Ambiente someterá nos vindeiros días a trámite ambiental o proxecto sectorial da Cidade do Transporte

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia co alcalde de San Cibrao das Viñas ao que lle trasladou este avance relativo a esta área empresarial


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou ao alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández Moreiras, que o departamento que dirixe someterá nos vindeiros días a trámite ambiental o proxecto sectorial da Cidade do Transporte.Ángeles Vázquez mantivo unha reunión, por videoconferencia, co rexedor municipal na que lle informou dos avances e da tramitación realizados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo relativa a esta superficie empresarial.

A modificación do proxecto sectorial consiste na modificación de varias parcelas de uso dotacional privado, que os empresarios do Polígono de San Cibrao pretenden adquirir dúas parcelas de case 20.000 m2, para instalar un aparcadoiro de camións, instalacións hoteleiras e unha estación de servizo.

Nese sentido, a conselleira trasladou a máxima colaboración técnica por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e do IGVS, para sacar adiante esta modificación deste proxecto, que foi promovido pola Xunta de Galicia, administración que destinou un orzamento de máis de 1,5 millóns de euros para executar a urbanización e os traballos técnicos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre