Inicio Galicia Medio Ambiente solicitará ao Concello a cesión de varios inmobles nas inmediacións...

Medio Ambiente solicitará ao Concello a cesión de varios inmobles nas inmediacións do Pazo de Dona Urraca para dinamizar este barrio de Lugo

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá os edificios que está a rehabilitar o Instituto Galego da Vivenda e Solo no Barrio da Tinería, co fin de facilitar un fogar aos veciños, ao tempo que se revitaliza o patrimonio da Cidade da Muralla

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que o departamento que dirixe, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, manterá unha reunión con técnicos co Concello de Lugo, para abordar a posibilidade de que a Administración local ceda a autonómica varios inmobles emprazados nas proximidades do Pazo de Dona Urraca (UI-8), para que sexan incluídos na actuación de revitalización desta zona de Lugo.

Así o adiantou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente durante unha visita ás obras de rehabilitación de varios inmobles no Barrio da Tinería, que está a executar o IGVS, onde aclarou que estas futuras actuación se sumarán ás intervencións actuais do Goberno galego para recuperar a contorna do Pazo de Dona Urraca e onde se emprazará a oficina de turismo da Xunta en Lugo. Salientou que o IGVS encargou xa a redacción do proxecto de rehabilitación e a previsión é licitar en 2020 as obras, que deberán acompasarse co desenvolvemento do ámbito UI-8.

Esta liña de actuacións da Xunta responde ao compromiso de loitar contra o abandono edificatorio dos concellos de Galicia e pola aposta de dar vida aos centros históricos, dúas eivas que se acadan coa actuando en edificios para usos públicos e facilitando aos veciños fogares nos que levar a cabo o seu proxecto de vida.

Nese sentido, a conselleira destacou as actuacións que o Instituto Galego de Vivenda e Solo está a levar a cabo na zona da Tinería, onde xa se investiron máis de 26 millóns de euros, e onde a través do Programa Rexurbe se investirán 780.000 euros.

Salientou que se veñen de rematar as obras de rehabilitación de dúas unidades edificatorias das que resultan tres vivendas, dúas situadas na Tinería Nº30 e outra na rúa Recanto do Miño 11-13, que serán adxudicadas en réxime de alugueiro. Por outro lado, destacou o avance das obras de rehabilitación do edificio Tinería-15, onde se recupera o edifico existente e se amplía cara o solar contiguo, e do inmoble na rúa Recanto do Miño-17.

En definitiva todas estas actuacións son unha mostra da firme aposta da Xunta pola recuperación deste barrio da Cidade da Muralla, situado nun enclave patrimonial e histórico privilexiado; co fin de converter os concellos galegos, neste caso concreto, a Lugo, en lugares atractivos para vivir, para traballar e para visitar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre