Inicio Galicia Medio Ambiente reserva case 65.000 metros cadrados no parque empresarial da Sionlla...

Medio Ambiente reserva case 65.000 metros cadrados no parque empresarial da Sionlla en Santiago

0

O Instituto Galego da Vivenda e Solo bloquea un total de sete parcelas para empresas do sector biotecnolóxico

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, reserva case 65.000 metros cadrados nos Parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela.

En total bloquénase sete parcelas cunha superficie global de 63.798 metro cadrados. As parcelas están situadas a carón do coñecido como Orbitaliño e situadas no cuarteirón D4B01, onde se localizan as instalacións de Compostra (Cooperativa Compostelana de Transportistas). A meirande parte de dito solo resérvanse para entidades que están relacionadas co sector da biotecnoloxía.

Esta reserva realízase por solicitude da Mesa do Acordo da Sionlla, creada en virtude do acordo de 16 de xaneiro de 2016 entre o IGVS, o IGAPE, o Concello de Santiago de Compostela, a USC, a Cámara de Comercio e a Asociación de empresarios do Tambre. A mesa decidiu apoiar a creación dun centro do sector Biotech que proporcione espazos industriais e servizos ás empresas do Cluster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida (BIOGA), a implantar na Mazá ou cuarteirón D4B01 propiedade de Xestur no Parque Empresarial de A Sionlla.

A Mesa do Acordo da Sionlla xa presentou un borrador de memoria de proxecto no IGVS e solicitou un prazo para darlle difusión ao proxecto, encauzalo xurídica, técnica e financeiramente e participar nas convocatorias ao efecto do IGAPE.

Cómpre lembrar esta superficie (64.998 metros cadrados) de solo deste parque empresarial da Sionlla non se incluirá no concurso de venda que convoca Xestur este ano por estar reservada.

Concurso de venta de solo empresarial de XesturTal e como avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello da Xunta celebrado onte, a vindeira semana Xestur convocará o concurso anual de venta de solo empresarial. O concurso de 2020 Xestur porá a disposición das empresas interesadas unha superficie de case 770.000 metros cadrados de parcelas urbanizadas en 17 parque empresariais propiedade do IGVS nas catro provincias galegas. Esta superficie súmase á dispoñible nos parques do IGVS, polo que os metros cadrados dispoñibles no seu global superan o 1,2 millóns de metros cadrados.

Este solo empresarial estará dispoñible para a súa adxudicación tanto en réxime de compravenda, con prezos bonificados nun 30 ou 50%, como en dereito de superficie. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre