Inicio Galicia Medio Ambiente remata a tramitación ambiental da modificación do proxecto sectorial do...

Medio Ambiente remata a tramitación ambiental da modificación do proxecto sectorial do parque empresarial da Laracha que permite a súa ampliación

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza ao alcalde da Laracha que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental emite hoxe o Informe Ambiental Estratéxico


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou esta tarde ao alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, que o departamento que dirixe dá por concluída a tramitación ambiental relativa á Modificación Puntual do Plan Sectorial relativo a esta área empresarial.

Tal e como avanzou a conselleira, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático concluíu o Informe Ambiental Estratéxico, co que se da por finalizado o proceso de tramitación ambiental deste proxecto sectorial, no que contou co asesoramento e colaboración técnica do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Cómpre recordar que o obxecto desta modificación é mellorar as condicións de ordenación d parque empresarial e facilitar a implantación de novas empresas nesta superficie empresarial.

Para as modificacións propostas, como superficies e alturas, non se prevén afeccións, pois trátase dun ámbito xa urbanizado con actividade, que linda con outra área industrial e que non presenta elementos de interese na contorna.

Por outra banda, a conselleira aproveitou o encontro para recordarlle que a finais de outubro o Diario Oficial de Galicia publicou o decreto que regula o Censo de Solo Empresarial de Galicia e o seu réxime sancionador, unha ferramenta na que terán que inscribirse todas as áreas empresariais emprazadas na Comunidade que teñan solo dispoñible na actualidade, así como aquelas que estean previstas para o seu inmediato desenvolvemento.

Deste xeito, o novo Censo servirá para coñecer a oferta real de solo empresarial en Galicia para a súa comercialización e o grao de ocupación das áreas empresariais existentes, polo que o acceso ao mesmo será público, co obxecto de que sexa un instrumento de avaliación, planificación e actualización das necesidades deste tipo de superficie na comunidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre