Inicio Galicia Medio Ambiente reitera o seu apoio económico coa primeira Vía Verde do...

Medio Ambiente reitera o seu apoio económico coa primeira Vía Verde do Salnés, que une os concellos de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda indica que é necesario saber que actuacións restan por asumir e se as mesmas se poden beneficiar dos Fondos Feder dispoñibles

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de reiterar o compromiso e apoio económico da Xunta de Galicia coa primeira Vía Verde do Salnés, que une os concellos de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía. Así o ratificou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha reunión cos tres rexedores municipais, onde estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Vázquez Mejuto afirmou que se mantén este acordo de participar cunha achega económica en 2020, para o que é necesario un novo estudo da situación para ver en que maneira se pode artellar a participación do Goberno galego na execución da Vía Verde. Explicou que é preciso saber que actuacións restan por asumir e se as mesmas revisten elixibilidade polos Fondos Feder que hai dispoñibles.

Trasladou a intención do Goberno galego por camiñar da man coas restantes administracións participantes para sacar adiante un proxecto común. Lamentou que o obxectivo se rompera polas decisións unilaterais dos restantes participantes; pero insistiu en que o que toca agora e reparar dita situación e apoiar este proxecto que beneficiará a cohesión dos territorios.

Neste sentido, agradeceu o compromiso anunciado polo rexedores locais de remitir unha proposta de convenio que será analizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para poder asignar os fondos dispoñibles e que quedarán recollidos nun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os tres concellos.

Vázquez Mejuto salientou que se trata dunha iniciativa moi interesante que asentará unha nova alternativa de ocio sustentable e de turismo de natureza nestes tres concellos da Comarca do Salnés. Destacou unha vez máis que é un exemplo de “iniciativa de reciclaxe e de aproveitamento dos recursos naturais e paisaxísticos”, ao darlle un novo uso a un treito de case 10 quilómetros en desuso da liña de ferrocarril entre Vilagarcía de Arousa e Portas; ao tempo que se pon en valor o patrimonio natural da comarca, a través dunha senda que poderán empregar peóns e ciclistas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre