Inicio Galicia Medio Ambiente recibe a unha misión comercial da embaixada danesa en Madrid...

Medio Ambiente recibe a unha misión comercial da embaixada danesa en Madrid para intercambiar experiencias sobre xestión hidráulica

0


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, recibiu esta mañá a unha misión comercial de empresas hidráulicas a través da Embaixada de Dinamarca en Madrid interesada en coñecer o funcionamento interno e a actividade de Augas de Galicia. Durante a xuntanza, á que tamén asistiu o director do organismo de conca, Roberto Rodríguez, a conselleira eloxiou o traballo de Dinamarca como referente en protección medioambiental e subliñou as metas comúns que comparten os países europeos en materia de política sobre a auga.

Así mesmo, na reunión participaron catro empresas danesas relacionadas coa xestión da auga e mais o conselleiro de asuntos comerciais da embaixada, Lars Gade, que aproveitaron o encontro para intercambiar experiencias e dar a coñecer tamén os seus proxectos en materia hidráulica. 

Leer más:  Detenido un hombre de 73 años responsable de un grupo dedicado al menudeo de heroína en la comarca de O Morrazo

- Te recomendamos -