Inicio Galicia Medio Ambiente realiza unha solta de 4.000 exemplares de salmón no río...

Medio Ambiente realiza unha solta de 4.000 exemplares de salmón no río Ulla para contribuír á recuperación natural da especie

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salienta os efectos positivos das medidas de recuperación do salmón autóctono postas en marcha pola Xunta desde o ano 1992

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta mañá na solta de máis de 4.000 exemplares de salmóns autóctonos no Couto de Ximonde, un tramo de 800 metros do río Ulla localizado entre os concellos de Vedra e A Estrada. Con esta acción búscase contribuír a frear o declive da especie neste río, que concentra o maior número de salmóns da comunidade e no que a Xunta de Galicia leva décadas desenvolvendo programas dirixidos á recuperación progresiva da súa poboación.

Tal e como indicou a conselleira, foi en 1992 cando se puxeron en marcha as primeiras actuacións de recuperación do salmón en Galicia e cando empezou a funcionar tamén o Centro Ictiolóxico de Ximonde, situado a carón do couto de pesca e que visitou tamén hoxe Ángeles Vázquez.

No caso do Ulla, o río salmoneiro galego máis importante, os labores de recuperación centráronse nos últimos anos en tres liñas de acción: a mellora da accesibilidade dos peixes migradores a través da optimización e a construción de dispositivos de franqueo; as medidas de control da pesca; e a repoboación con xuvenís de orixe autóctona.

Leer más:  El PSOE utiliza la comisión del Congreso como "cortina de humo" para evitar discutir el caso 'Koldo', según critica Rueda

Neste sentido, Ángeles Vázquez resaltou tamén o traballo que se realiza no Centro Ictioxénico de Carballedo (Cotobade), onde se reproducen artificialmente e se crían ata o momento de devolvelos ao río milleiros de exemplares de salmóns. Estas soltas controladas ao río Ulla, engadiu, realízanse en tres momentos distintos do ano, en función de se os exemplares son alevíns, en cuxo caso se liberan ao inicio do verán; están na fase de pintos, aproximadamente en outono como nesta ocasión; ou xa son esguíns a piques de emigrar ao mar, polo que a súa solta se realiza na primavera posterior ao seu nacemento.

Tras a solta realizada hoxe, os pintos de salmón baixarán cara ao mar nun movemento migratorio que os levará a percorrer máis de 5.000 quilómetros ata alcanzar a costa oeste de Groenlandia ou o Mar do Norte para, finalmente, acabar retornando ao Ulla.

Entre 1997 e 2018, soltáronse só neste río un total de 1,3 millóns de xuvenís nas tres fases mencionadas. E todos estes esforzos, segundo explicou a conselleira, traducíronse nun notable incremento no retorno de exemplares adultos de salmón ás súas augas.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

Así, se nos primeiros anos de aplicación dos programas recuperábanse do Ulla arredor dun 40% de exemplares marcados (é dicir, procedentes da repoboación artificial), hoxe en día esa porcentaxe non chega ao 10%, un síntoma inequívoco de que a reprodución natural do salmón incrementouse de forma notable.

Por todo isto, a conselleira concluíu que grazas aos traballos de recuperación impulsados pola Xunta “hoxe pódese seguir pescando salmón no río Ulla e no resto dos coutos galegos desta especie”.

Necesidade de relevo xeracionalPor último, e con respecto ao balance da tempada de pesca que vén de rematar, a titular da Consellería de Medio Ambiente cifrou en 46.747 o número de licenzas expedidas en Galicia, das cales un 15% corresponden con pescadores de salmón e reo e o resto, con pescadores de troita e outras especies.

Neste sentido, a conselleira indicou que o seu departamento traballa para que o número de licenzas de pesca deportiva medre e considerou crucial para logralo garantir un “relevo xeracional” no sector. Así, referiuse aos convenios de colaboración asinados entre a Xunta e a Federación Galega de Pesca & Casting e outras entidades colaboradoras de pesca fluvial para a promoción dos valores naturais e da pesca fluvial e recreativa como actividade sustentable co fin de achegar aos mozos á súa práctica.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

- Te recomendamos -