Inicio Galicia Medio Ambiente presenta ao Consello Xeral do Colexio de Axentes da Propiedade...

Medio Ambiente presenta ao Consello Xeral do Colexio de Axentes da Propiedade inmobiliaria as políticas galegas en materia de rehabilitación e vivenda

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recibiu esta mañá a unha delegación desta entidade que mostraron o seu interese pola Lei de Rehabilitación de Galicia


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión con membros e representantes do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Axentes da Propiedade Inmobiliaria de España.

Neste encontro, no que tamén participou o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, a conselleira trasladou o esforzo que o Goberno galego está a realizar para impulsar e manter diversas liñas de actuación, co fin de recuperar o patrimonio edificatorio da Comunidade, ao tempo que se facilita o acceso á vivenda.

Sinalou que só en 2019 a Xunta mobiliza case 53 millóns de euros, que se destinan a poñer en marcha medidas e programas orientadas á rehabilitación (uns 26,41 M€); ao tempo que tamén se mobilizan investimentos a través de distintas liñas para facilitar o acceso á unha vivenda. Neste sentido, destacou as axudas dirixidas aos máis mozos e ás mulleres vítimas da violencia de xénero ou de explotación sexual.

Os membros do Consello de COAPI tamén mostraron seu interese pola Lei de rehabilitación de Galicia, sobre a que a conselleira destacou que a Comunidade galega é pioneira, pois é a primeira rexión en dispoñer dunha normativa específica en materia de rehabilitación. Indicou que se trata dun exemplo máis da aposta do Goberno galego pola recuperación do patrimonio xa construído.

A Lei de Rehabilitación de Galicia, que entrou en vigor en maio, ten como principio básico que “non hai maior desprotección que o seu abandono”, polo que é imprescindible habilitar un escenario propicio para a rehabilitación edificatoria e a rexeneración urbana, que contribuirá a dar vida aos cascos históricos e aos concellos galegos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre