Inicio Galicia Medio Ambiente orientará aos concellos na tramitación da candidatura de Cabo Ortegal...

Medio Ambiente orientará aos concellos na tramitación da candidatura de Cabo Ortegal como Xeoparque mundial da Unesco

0

A directora xeral da Patrimonio Natural recibiu esta mañá a unha representación de alcaldes desta zona, aos que informou do contido da Lei de Patrimonio Natural a respecto deste tipo de iniciativas


A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, salientou esta mañá o compromiso e colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coa iniciativa promovida por sete concellos da Comarca de Ortegal que ten por obxectivo acadar a declaración como Xeoparque mundial para Cabo Ortegal. Trátase dun recoñecemento que emite a Unesco desde o ano 2015, co fin de recoñecer o patrimonio xeolóxico dun territorio.

A directora xeral de Patrimonio Natural mantivo unha reunión esta mañá cos alcaldes de Cariño, Moeche e San Sadurniño, tres dos sete alcaldes que integran o proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, aos que lles trasladou a súa colaboración para orientalos e asesoralos na tramitación desta iniciativa e asesoralos nas eivas de protección dos valores naturais.

Nese sentido, Do Campo explicoulles que a nova Lei de Patrimonio Natural recolle que este tipo de figuras, que terán consideración de áreas protexidas toda vez sexan formalmente designados e recordou que aquelas proposta que non sexan iniciadas polo departamento competente en materia de conservación do patrimonio natural deberán contar cunha carta de apoio antes de ser remitida á Comisión Nacional Española de Cooperación coa Unesco.

Tanto a directora como os alcaldes destacaron a importancia deste territorio, que comprende unha superficie de case 630 km2 distribuídos entre os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño e que é un referente na xeoloxía europea. Nese sentido, a directora xeral salientou que a declaración como xeoparque dará un novo pulo e impulso aos seus valores, ao tempo que se abren novas oportunidades e posibilidades para unha dinamización social, cultural e económica da súa zona de influencia.

Do Campo animounos a traballar con rigor e de xeito constante, para evitar demoras na tramitación do proxecto e sobre todo para cumprir o cronograma que manexan os promotores, que -segundo trasladaron á directora xeral- pasa por presenta en xaneiro a proposta de declaración e iniciar o trámite de información pública e consultas en febreiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre