Inicio Galicia Medio Ambiente organiza unhas xornadas para analizar o camiño polo que evolucionará...

Medio Ambiente organiza unhas xornadas para analizar o camiño polo que evolucionará o urbanismo galego

0

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, organizan catro mesas redondas para abrir un debate entorno a esta cuestión e a afección da crise sanitaria pola pandemia do Covid-19


A Xunta de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, organizan unhas xornadas on line para analizar o camiño polo que evolucionará o urbanismo en Galicia.

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística quere abrir un espazo de debate e de reflexión, a través da intervención de recoñecidos expertos no ámbito urbanístico, sobre o futuro da planificación urbanística e do papel das cidades.

A situación actual, marcada pola crise sanitaria da pandemia do Covid-19 pode converterse nunha oportunidade para facer fronte a vellos paradigmas, pois nos permitiu tomar conciencia do valor do espazo público, da importancia do colectivo fronte ao individual, así como da necesidade de vivir en sociedade e de facer fronte ao cambio climático unha vez constatada a incidencia da nosa actividade cotiá sobre o noso planeta.

Estas catro mesas redondas on line queren plantexar ferramentas coas que procurar cidades de proximidade, cidades humanas e habitables, nas que se aproveiten as ferramentas e a tecnoloxía da era actual sen perder a perspectiva da escala humana, espazos dos que os seus habitantes sentan parte integrante fundamental porque tomen conciencia da posibilidade de participar no deseño da cidade na que queren vivir, son aspectos que poden contribuír decisivamente a cambiar a nosa sociedade e son algunhas das cuestións que se abordarán nestas xornadas, que vos convidamos a compartir.

A primeira das catro actividades celebrarase o 27 de maio, baixo o título A necesidade de repensar as nosas cidades tras a pandemia: unha visión global. A segunda será A complexidade da cidade: cidades intelixentes e cidades humanas (3 de xuño), a terceira versará sobre a planificación urbanística como ferramenta para combater o cambio climático: xestión de riscos, mobilidade e saúde (10 de xuño). A derradeira charla on line será o 17 de xuño e centrarase na participación pública no urbanismo: como transitar cara a unha participación real.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre