Inicio Galicia Medio Ambiente organiza unha semana de actividades e exposicións abertas á cidadanía...

Medio Ambiente organiza unha semana de actividades e exposicións abertas á cidadanía con motivo do Día Europeo dos Parques Naturais

0

Coincidindo coa efeméride, no complexo dunar de Corrubedo un grupo de escolares do colexio Bayón de Ribeira participaron hoxe nun roteiro ambiental e visitaron a exposición itinerante ‘Biodiversidade de Galicia’


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio conmemora esta semana o Día Europeo dos Parques Naturais coa programación de diversas actividades divulgativas abertas ao público en xeral para dar a coñecer e difundir entre a cidadanía os valores destes espazos na comunidade.

O lema escollido este ano para conmemorar esta efeméride é O patrimonio cultural, tamén na Natureza, en referencia ao feito de que en 2018 tamén se celebra o Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Con este motivo, a Rede de Parques Naturais de Galicia programou un completo calendario de actividades e exposicións dirixidas especialmente a centros educativos, pero tamén a veciños e visitantes en xeral que se acheguen a algún destes espazos ao longo desta semana.

Os actos principais concentraranse na xornada de hoxe, Día Europeo dos Parques. Concretamente, no complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán recibiuse a visita dun grupo de nenos e nenas de 10 e 11 anos do colexio Bayón de Ribeira coincidindo coa inauguración da exposición itinerante Biodiversidade de Galicia no edificio do Cielga. Acompañados por responsables da Consellería de Medio Ambiente, os rapaces participaron nun roteiro polo Camiño do Río do Mar, unha actividade aberta tamén a grupos organizados.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

No parque natural das Fragas do Eume tamén está programada unha semana temática adicada á celebración desta efeméride. Así, está prevista a visita ao centro de interpretación de estudantes do IES Fraga Eume, de Pontedeume, e do CPI Armando Cotarelo Valledor, de Boimorto, que participaron en varios xogos de pistas co obxectivo de coñecer o parque dunha forma lúdica e divertida.

No monte Aloia celebraranse charlas sobre os 6 parques naturais de Galicia a partir do lema elixido este ano para conmemorar esta data e os visitantes poderán participar nunha gymkana na ruta Rego da Pedra e nun xogo na Casa Forestal para identificar e asociar diferentes fotografías co patrimonio natural de cada parque.

A principal actividade na Baixa Limia-Serra do Xurés está prevista para mañá, venres, cando medio cento de escolares e profesores do CEIP Lobios participarán nunha visita guiada ao Castelo e Eira de Lindos e á Porta de Lamas de Mouro, en territorio portugués, co fin de dar a coñecer precisamente a reserva transfronteiriza que abrangue o parque natural situado en Galicia e o Parque Nacional de Peneda Gêres do país veciño.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

Así mesmo, nos parques naturais ourensáns do Invernadeiro e da Serra da Enciña están programadas para hoxe unha xornada de portas abertas nos seus respectivos centros de interpretación que incluirán visitas guiadas e pequenas rutas polos arredores.

Con estas actividades a Xunta súmase, un ano máis, á iniciativa da Federación Europarc, na que están representadas as institucións implicadas na planificación e xestión dos espazos protexidos de 38 países e que promove a celebración do Día Europeo dos Parques cada 24 de maio desde o ano 1909, coincidindo coa declaración dos primeiros parques nacionais europeos en Suecia.

Programación especial nas Illas AtlánticasAsí mesmo, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas tamén se suma hoxe á conmemoración do Día Europeo dos Parques. Concretamente, está prevista ás 18 horas unha visita guiada no Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo, trala cal proxectarase o documental Fóra do continente. Ambas actividades non requiren de inscrición previa senón que as prazas iranse ocupando por orde de chegada.

Leer más:  Se aprueba la gratuidad de las primeras matrículas universitarias, la primera promesa electoral de Rueda durante su campaña

A xornada para conmemorar o Día Europeo dos Parques Naturais rematará cun sorteo entre todos os asistentes dunha viaxe á illa de Ons para dúas persoas, que inclúe unha visita guiada pola illa e ao faro.


- Te recomendamos -