Inicio Galicia Medio Ambiente organiza este mes cinco xornadas sobre as obrigas legais relativas...

Medio Ambiente organiza este mes cinco xornadas sobre as obrigas legais relativas á reciclaxe de buques fóra da súa vida útil

0

A Autoridade Portuaria da Coruña acolleu esta mañá o primeiro destes foros, dirixidos a técnicos da administración, persoal das capitanías marítimas, xestores de buques e embarcacións nesta situación e outros axentes que operan no sector


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organizará ao longo deste mes de maio cinco xornadas informativas sobre a reciclaxe de buques e embarcacións ao final da súa vida útil (BEFV). Estas sesións van dirixidas aos diferentes axentes e colectivos implicados no proceso, polo que entre os asistentes haberá responsables e técnicos da Administración, das autoridades marítimas e portuarias, xestores autorizados para o despezamento destes barcos, asociacións profesionais e outros axentes.

A primeira das xornadas tivo lugar esta mañá na Autoridade Portuaria da Coruña e contou coa presenza da subdirectora de Residuos, Verónica Tellado. Todas estas sesións informativas enmárcanse dentro do paquete de accións formativas e de traballo que contempla o Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA), aprobado pola Xunta no ano 2016 como unha ferramenta de planificación en materia de prevención e xestión dos residuos de orixe industrial na comunidade.

O obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é achegar e dar a coñecer entre os principais axentes interesados a situación actual do sector dedicado ao desmantelamento de buques e embarcacións en Galicia, así como as obrigas legais existentes en relación a esta actividade, tanto desde o punto de vista dos propietarios como das empresas encargadas do seu despece e xestión.

Para logralo, cada sesión arrancará cunha breve explicación dos obxectivos que se fixan no PRIGA respecto ao tratamento dos BEFV e as liñas de actuación previstas e levadas a cabo. Así mesmo, as xornadas contarán coa participación dun xestor autorizado que compartirá cos asistentes a súa experiencia práctica e dalgún representante da Autoridade portuaria, que explicará os requisitos necesarios para a autorización das instalacións nas que se xestionan este tipo de residuos e o procedemento administrativo a seguir para o despezamento de buques e embarcacións ao final da súa vida útil.

Por último e para poñer punto e final a cada xornada, a sesión rematará cunha mesa de debate, aberta a preguntas, na que poderán participar responsables da Autoridade Portuaria e da Capitanía Marítima implicadas e profesionais representativos do sector.

Próximas xornadasEn total, está prevista a celebración ao longo do mes de maio de cinco sesións informativas centradas na reciclaxe de buques e embarcacións ao final da súa vida útil. As xornadas organizaranse nos días e lugares que se indican a continuación, aínda que este calendario podería sufrir variacións en función do número de inscritos.  A CORUÑA

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre