Inicio Galicia Medio Ambiente mobiliza 2,5 millóns de euros para dotar á cidade de...

Medio Ambiente mobiliza 2,5 millóns de euros para dotar á cidade de Ourense de 16 novas vivendas de promoción pública

0

Durante unha visita á capital das Burgas, Ángeles Vázquez anuncia que o próximo 28 de novembro a Xunta adxudicará oito pisos protexidos no barrio de Covadonga nos que realizou un investimento de preto dun millón de euros

A cidade de Ourense contará a curto prazo con 16 novas vivendas de promoción pública a disposición dos seus veciños. Oito deses inmobles xa están rematados e serán adxudicados mediante sorteo público o vindeiro 28 de novembro entre todos os inscritos no Rexistro de Demandantes da cidade, tal e como anunciou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Trátanse concretamente de oito vivendas localizadas no barrio de Covadonga nas que o Instituto de Vivenda e Solo (IGVS) realizou un investimento de preto dun millón de euros e que se sumarán a outras actuacións en materia de vivenda de promoción pública en marcha ou recentemente rematadas nesta cidade.

Así, Ángeles Vázquez explicou que no mes de outubro finalizou a rehabilitación de dúas vivendas na rúa Vilar e que nestes momentos están xa adxudicadas as obras de 3 inmobles nesta mesma rúa e hai outros 3 en proceso de rehabilitación nun edificio cedido polo concello. En total, engadiu, a Xunta mobilizará 2,5 millóns de euros en obras para dotar a Ourense de 16 novas vivendas protexidas.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

A maiores do esforzo investidor xa comprometido, a conselleira incidiu en que Ourense tamén será un dos concellos que se beneficie do Rexurbe, un novo programa do IGVS para rehabilitar cascos históricos a través da compra de inmobles. En concreto, a contía reservada este ano para a adquisición de edificios no Casco Vello ourensán ascende a 2,8 millóns (800.000 euros para operacións de compra e os 2 millóns restantes para acometer a súa rehabilitación).

En todo caso, haberá que esperar a que se peche o proceso de compra, previsiblemente este mesmo mes, para coñecer cales son os inmobles seleccionados tanto en Ourense como nos outros tres concellos que forman parte do Rexurbe (Ferrol, Lugo e Betanzos).

Máis de nove millóns nas áreas de rehabilitación integralAsí mesmo, a responsable de Medio Ambiente tamén se referiu a outra das liñas de rehabilitación de vivendas máis efectivas dos últimos anos: as que xestiona a Xunta nas chamadas Áreas de Rehabilitación Integral (ARIS). No caso concreto de Ourense, a responsable autonómica lembrou que existen catro espazos con esta declaración: ARI do Casco Histórico; ARI do núcleo de Seixalbo; ARI do Polvorín, Camelias e Carballeira; e ARI dos Barrios Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada.

Leer más:  Los incendios forestales de Barreiros y Rois, que ya han quemado casi 120 hectáreas entre ambos, han sido controlados

A través de convenios de colaboración entre Xunta, Estado e concello, as catro áreas de rehabilitación integral de Ourense recibiron ou teñen comprometidos investimentos por 9,2 millóns de euros, dos cales 1,7 millóns correspóndense ao convenio asinado a finais de outubro ao abeiro da convocatoria do ano 2018.

Por todo isto, Vázquez Mejuto puxo á cidade de Ourense como exemplo das políticas que promove o seu departamento en materia de rehabilitación urbanística e de recuperación de espazos urbanos abandonados ou degradados para uso e desfrute dos cidadáns. Neste sentido, a conselleira referiuse á actuación adxudicada recentemente para a reforma e adaptación da Alameda da Ponte, un proxecto no que a Xunta investirá máis de 263.000 euros e cuxas obras comezarán en breve cun prazo estimado de execución de catro meses.

Orzamentos para vivenda en 2019Facilitar o acceso á vivenda, en réxime de compra ou de alugueiro, será un dos “obxectivos fundamentais” da Xunta o próximo ano, como recalcou a conselleira. Así o demostran os preto de 120 millóns de euros cos que contará o seu departamento para atender as súas competencias en materia de vivenda, solo residencial e solo empresarial.

Leer más:  Galicia ocupó el quinto lugar en el número de muertes en el trabajo en 2023, destacándose especialmente los casos de infartos

Concretamente, Ángeles Vázquez salientou algúns dos programas de actuación máis novidosos neste eido, como a primeira liña de axudas a promotores, cooperativas ou concellos para a construción de vivendas en alugueiro, dotada en 2019 con 2,3 millóns de euros, as subvencións para construír pisos para persoas maiores ou con discapacidade, que contará cun orzamento de 2 millóns, ou a recente convocatoria de axudas para a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes para menores de 35 anos, á que se destinará en 2018 un total de 800.000 euros e que terá continuidade nos vindeiros anos.

Así mesmo, a responsable de Medio Ambiente tamén se referiu aos 7,6 millóns de euros que se mobilizarán en 2019 para a dotación de novas vivendas de promoción pública, ou os 7,2 millóns reservados nos orzamentos para axudas ao alugueiro, unha contía que supón un incremento do 38% con respecto á do ano 2018.


- Te recomendamos -