Inicio Galicia Medio Ambiente licitará mañá o proxecto para a instalación de tres novas...

Medio Ambiente licitará mañá o proxecto para a instalación de tres novas vivendas modulares no Concello de Sober

0

Este será o segundo municipio no que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ensaiará esta fórmula construtiva para aumentar o parque de vivendas protexidas


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitará mañá a redacción do proxecto e a obra para a instalación de tres novas vivendas modulares de promoción pública no Concello de Sober (Lugo), o segundo municipio galego en beneficiarse deste programa pioneiro impulsado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Así llo trasladou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ao rexedor de Sober, Luis Fernández, con quen mantivo unha reunión de traballo para abordar diversos asuntos de interese para o municipio. Concretamente, Vázquez Mejuto explicoulle ao alcalde que o contrato sairá a licitación por un importe inicial de case 500.000 euros e cun prazo estimado de execución de 10 meses, polo que a previsión é que o próximo ano estas vivendas estean xa dispoñibles.

Cómpre lembrar que o concello ourensán de Cenlle foi o primeiro en sumarse a este proxecto piloto, posto en marcha este mesmo ano polo IGVS e co que se pretende construír pequenos grupos de vivendas modulares de promoción pública e tipoloxía unifamiliar en concellos eminentemente de carácter rural.

Leer más:  Los pacientes del CHUS se quejan ante la Valedora por los retrasos en Oncología que consideran una "vulneración de derechos"

Con este programa búscase un dobre obxectivo xa que, por un lado, a construción modular supón unha forma áxil de incrementar o parque de vivendas protexidas existente xa que reduce de forma notable os tempos de construción e pola outra, tamén representa a aposta da Xunta pola innovación en materia de edificación residencial.

Neste sentido, cómpre precisar que, unha vez redactado o proxecto construtivo e supervisado por parte do IGVS, o proceso de construción destas vivendas levarase a cabo na súa totalidade en fábrica. Deste xeito, o impacto no lugar elixido en Sober para a súa localización será mínimo, xa que a única obra requirida previa á montaxe e instalación destes inmobles será a execución dos cimentos.


- Te recomendamos -